Afeccións no tráfico coruñés por obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa das afeccións de tráfico que se producirán con motivo das seguintes obras:

– Remodelación rúa Cuba.
. Mañá, martes 26 de novembro, entre as 15.30 e as 16.30 horas, será necesario o corte total da rúa Pascual Veiga para o horminogado de beirarrúas. O desvío alternativo será Vila de Negreira – José Baldomir.
. Dende o xoves 28 de novembro e ata o día 13 de decembro será necesario o corte total da rúa Pascual Veiga no tramo entre Vila de Negreira e Agra del Orzán, sendo o desvío alternativo por Vila de Negreira e José Baldomir. Executarase o coletor de saneamento, a colocación de bordos e o horminogado da intersección das rúas Pascual Veiga e Cuba.

– Insonotización de tapas de rexistro de saneamento en rúa Panaderas. Durante a noite do próximo mércores 27 de novembro, entre as 23.30 e as 07.00 horas, será necesario o corte de tráfico nesta vía en sentido praza de España. O tráfico procedente de Cordonería desviarase pola rúa Orzán.

Por outra banda, a área de Mobilidade informa das seguintes afeccións de tráfico:

-Dende mañá martes 26 ata o próximo sábado 30 de novembro, será necesaria a realización de cortes de carril nas rúas Severo Ochoa e Galileo Galilei deixando sempre un carril en servizo en cada sentido de circulación con motivo dos traballos de remodelación da rúa Galileo Galilei. Os traballos executaranse en horario nocturno de 21.00 a 7.00 horas.

-con motivo das obras de execución de beirarrúa entre os números 58 ao 64 da avenida Fernández Latorre, será necesario entre mañá, 26 de novembro, e o 5 de decembro, a ocupación da zona de estacionamento e do carril de circulación parcialmente.

-con motivo das obras de execución de beirarrúas e illote abordillada na rúa Francisco Pérez Carballo, será necesario o corte parcial do tráfico manténdose sempre un carril de circulación. Esta afección iniciarase mañá martes 26 de novembro ás 8.00 horas e finalizará o venres 29 de novembro ás 15.00 horas. Será preciso o desprazamento da parada de taxis existente cara ao aparcadoiro do Coliseum.

-con motivo da obra de construción do aparcadoiro Das conchiñas, será necesario o corte total de tráfico na avenida Das conchiñas entre a rúa Entrepeñas e a rúa Fuente Álamo, dende mañá martes 26 de novembro ás 9.30 horas e o mércores 27 ás 9.00 horas. O desvío alternativo será pola rúa Entrepeñas – Vila de Negreira.

-con motivo das obras de reposición de pavimento de formigón na rúa Biscaia, será necesaria a ocupación da calzada na súa intersección coa rúa Sofía Casanova, deixando un carril libre para o paso de vehículos. Esta afección iniciarase mañá 26 de novembro e ten unha duración estimada ata o 18 de decembro.

-Amplíase a afección ao tráfico con motivo da obra de remodelación da rúa Emilia Pardo Bazán. Iniciouse a obra o 16 de outubro cunha finalización prevista para o 16 de xaneiro, sendo necesario o corte total da citada rúa entre as rúas Menéndez Pelayo e Notariado durante tres meses e a ocupación do carril dereito de Menéndez Pelayo entre os números 12 e 16 durante o primeiro mes. Actualmente é necesario o corte do carril dereito de circulación das rúas Fernando González e Notariado dende o mércores 27 de novembro e o 13 de decembro, manténdose un carril de circulación.

25 de novembro de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.