Afeccións no tráfico para o luns 25 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa das seguintes afeccións de tráfico que se producirán a partir do próximo luns, 25 de novembro:

– Debido ás obras de reparación da superestrutura do tranvía no tramo Torre de Hércules – Escravas, será necesario o corte provisional dun tramo do carril de aproximadamente 20 metros. O devandito corte puntual será móbil, xa que se irá desprazando segundo as necesidades da obra. A duración estimada dos traballos será entre as 08.00 e as 16.00 horas.

– Con motivo dos traballos de insonorización de tapas de rexistro de saneamento de viais na rúa Antonio Ríos, durante o próximo luns, entre as 08.00 e as 19.00 horas, será necesario o estreitamento puntual da vía manténdose a circulación. Será necesario, nalgunhas zonas, a circulación alternativa por zonas de illotes.

– En horario nocturno, de 22.00 a 01.00 horas do luns, será necesaria a ocupación do cruzamento da rúa Fontán con Padre Feijóo, debido ao corte do carril dereito da rúa Fontán e o carril esquerdo da rúa Padre Feijóo polas obras de empalme de fibra óptica de Telefónica.

– Con motivo das obras de rehabilitación do ámbito da muralla medieval, entre o luns 25 de novembro e o xoves día 28, será necesario o corte parcial do tráfico rodado na zona de estacionamento próximo ao Instituto Oceanográfico, manténdose un carril de saída.

23 de novembro de 2013 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.