Afeccións no tráfico en varias rúas coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Tráfico e Mobilidade, informa das seguintes afeccións:

– Mañá, xoves 14 de novembro, con motivo das obras de fresado e asfaltado das rúas de Joaquín Cotarelo e avenida de Cádiz, será necesario o corte parcial desta última, deixando un carril de circulación. Cando a obra afecte á rúa Joaquín Cotarelo desviarase o tráfico pola avenida de Cádiz. As obras arrancarán ás 15.00 horas realizándose os traballos de aglomerado en horario nocturno ata as 07.00 horas do venres, 15 de novembro.

– Con motivo das obras de reposición de beirarrúas en rolda de Outeiro á altura da rúa Manuel Deschamps, ocuparase parte do carril para asegurar o tránsito peonil entre os días 15 e 30 de novembro.

13 de novembro de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.