Afeccións no tráfico coruñés por obras en varias vías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A área de Tráfico informa das seguintes afeccións:

-Mañá martes 19 de novembro iniciarase a canalización para condución eléctrica á altura do nº62 da avenida de Finisterre, sendo necesaria a ocupación dun carril. Deixarase un carril libre na rúa Pérez Cepeda.

A obra ten unha data prevista de finalización do 29 de novembro, realizándose a canalización no cruzamento entre o 19 e o 21 de novembro

-Entre o 19 e o 21 de novembro en horario de 8.30 a 19.00 horas, será necesario o corte parcial de carrís nos que se encontren as tapas de rexistro das rúas Primo de Rivera, Cigarreiras, Manuel Murguía, Paseo de Rolda e avenida Habana, manténdose en todo momento un carril para cada sentido de circulación.

-con motivo das obras de reparación da pasarela peonil existente na avenida de Arteixo-parque de Santa Margarida será necesaria a ocupación das zonas de estacionamento e o corte dun carril en horario nocturno (entre as 22.00 e as 7.00 horas) quedando sempre outro carril libre para a circulación. A afección iniciarase a noite de mañá martes 19 cunha finalización prevista para o día 29 de novembro.

-Entre o próximo mércores e xoves, 20 e 21 de novembro, será preciso o estreitamento do carril da avenida de Finisterre á altura da Rotonda coa Rolda de Outeiro dirección entrada cidade, con motivo dos traballos de empalme de fibra óptica. Non se producirá corte de carril.

-con motivo da reparación do saneamento á altura do nº2 da rúa Sánchez Bregua, será necesario o corte parcial dos carrís central e dereito dirección saída, o próximo mércores 20 de novembro entre as 16.00 e as 16.30 horas.

-Será necesaria a ocupación da calzada da rúa Biscaia entre a rúa a Paz e a rúa Falperra, habilitándose a circulación de vehículos pola zona de estacionamento. A obra realizarase entre o 20 de novembro e o 9 de decembro con motivo das obras de reposición de pavimento.

18 de novembro de 2013 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.