Afeccións de tráfico por obras nas rúas coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico informa das seguintes afeccións:

– Con motivo da reparación do pavimento do paso de peóns existente na avenida de La Marina (altura C/Luchana) en dirección Puerta Real, será necesario o corte do tráfico e o conseguinte desvío por Paseo da Dársena esta noite dende as 23.30 ás 3.00 horas.

– Prorrógase a afección ao tráfico que se producirá con motivo das obras de fresado e asfaltado das rúas Joaquin Cotarelo e avenida de Cádiz. Será necesario o corte parcial da avenida de Cádiz, deixando un carril de circulación e cando a obra afecte á rúa Joaquin Cotarelo desviarase o tráfico pola avenida de Cádiz. O inicio dos traballos de fresado foi onte xoves 14 de novembro e rematarán esta noite. (Ata as 7.00 horas do sábado 16 de novembro).

-Esta noite fresarase e asfaltará a praza da Milagrosa, sendo necesario o corte da intersección da rúa Álvaro Cunqueiro con avenida Alfonso Molina, sendo o desvío alternativo por Alfonso Molina.

– Con motivo da instalación da iluminación do Nadal entre os días 16 e 17 de novembro en horario de 8.00 a 15.00 horas, será necesaria a ocupación de carrís durante o tempo que dure a instalación nas seguintes rúas: avenida da Mariña o sábado 16 comezando por Porta Real e San Andrés comezando pola Praza de Pontevedra o domingo 17. Así mesmo entre o luns 18 e o mércores 20 de novembro en horario de 8.00 a 19.00 horas, será necesaria a ocupación de carrís nas seguintes rúas: Ramón Cabanillas, San Vicente, Eugenio Carré, San Luis e Diego Delicado.

– Con motivo da colocación de espiras de tráfico na rúa Francisco Mariño tras o cruzamento coa rúa Betanzos, será necesario o corte dun carril mañá sábado 16 de novembro entre as 09.30 e as 12.00 horas, deixando sempre un carril libre para a circulación.

-O próximo luns 18 de novembro en horario de 10.00 a 13 e de 16.00 a 18.00 horas será necesario o corte parcial do carril dereito na avenida García Sabell dirección Pocomaco, quedando o esquerdo libre no mesmo sentido. O motivo é a entrada e manobras de vigas para a construción da Terceira Rolda.

-Entre o luns 18 e o mércores 20 de novembro en horario de 9.30 a 18.00 horas, será necesaria a ocupación dun carril e a zona de estacionamento, con motivo da construción dun pozo de pluviais na avenida Fernández Latorre, nº60. A obra non afectará ao carril esquerdo.

-Entre o luns 18 ás 9.30 horas e o xoves 21 de novembro ás 18.00 horas, será necesario o corte parcial do tráfico rodado dos dous carrís de Mnuel Murguía, dirección paseo Marítimo fronte ao nº10 desviándose o tráfico polo carril de saída. (Queda un carril por cada sentido), debido á construción dun pozo de pluviais.

-O próximo luns 18 de novembro entre as 22.00 e as 7.00 horas será necesaria a ocupación da calzada, manténdose sempre un carril de circulación libre no campus universitario de Elviña, con motivo da instalación de cable de fibra óptica.

-O próximo martes 19 de novembro entre as 23.45 e as 7.00 horas, será precisa a ocupación parcial do a calzada e da zona de estacionamento, na marxe dereita da rúa San Andrés confluencia con Santa Catalina, con motivo da instalacíón de cable de fibra óptica.

16 de novembro de 2013 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.