Afección no tráfico por obras
Dende a Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público infórmase das seguintes afeccións ao tráfico:
– Con motivo das obras de canalización na glorieta do Emigrante, entre mañá, martes 19 de novembro, e o mércores día 20, será precisa a ocupación dun carril quedando en todo momento un carril de circulación libre.
– Con motivo da instalación de iluminación do Nadal, entre os días 19 e 25 de novembro, en horario de 07.00 a 17.00 horas, será necesaria a ocupación de carrís durante o tempo que dure a instalación nas seguintes rúas:
. Rolda de Outeiro.
. Juan Flórez.
. Zona de Catro Camiños.
. Avenida de Xeneral Sanjurjo.
. Federico Tapia.
. Zona do Ventorrillo.
. Barrio dos Rosales.
– O próximo xoves, 21 de novembro, en horario de 09.00 a 19.00 horas, será necesaria a ocupación da calzada para a realización das obras de reposición do areeiro na rúa San Mateo (no lateral do parque de Santa Margarita). Por este motivo, habilitaranse as zonas de estacionamento para desviar a circulación.











