AFAL Ferrolterra celebrou o Magosto cos maiores dos seus Centros de Día en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Magosto organizado por AFAL Ferrolterra

Magosto organizado por AFAL Ferrolterra

AFAL Ferrolterra organizou a pasada semana o Magosto para os maiores dos seus centros de día en Ferrol. Así, o xoves, a asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias programou a celebración no Centro de Día da Rede Pública -situado na antiga Casa do Mar-. Nestas instalacións, dende as cinco da tarde, traballadores e usuarios compartiron merenda a base de castañas cocidas e asadas, así como outros produtos típicos destas datas. Unha vez rematada a degustación, chegou a quenda da música e o baile.

Ao día seguinte, venres, e á mesma hora, o Magosto se trasladou ao Centro de día Terapéutico da asociación na rúa Río Castro. Aos profesionais e maiores sumáronse tamén os familiares, que puideron participar no programa. Programa que, ademais da merenda, contou cun convidado moi especial, o acordeonista Joaquín Enríquez, o que permitiu gozar aos presentes da súa música e talento.

11 de novembro de 2013 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.