Adeto sorteou 150 euros e deu a coñecer o escaparete e hostaleiro gañadores do “Xoves Tolo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A nova campaña de “Xoves Tolo” co gallo do Samain resultou un éxito ca involucración do comercio e hostalería de Tomiño así como a dos clientes ques buscaban a oferta ou desconto Samain.

Foron moitos os clientes que durante a semana desfrutaron da creación dos escaparates que os establecementos de Tomiño fixeron, así como do ambiente creado en distintas cafeterías desta localidade co gallo da celebración do día de Samain. Unha festa de orixe celta, que os países anglosaxóns celebran e que nos últimos anos tamén está a recibir un gran pulo en Galicia.

Durante o pasado venres día 31 de outubro o xurado formado por Marcos, María e Noe recorreron todos os establecementos Tomiñeses valorando escaparates, interiores e cafeterías cos criterios de creatividade, estética, utilización de materiais económicos ou fabricación propia, elaboración e ambiente Samain, resultando gañadores por parte do comercio LitoSport, debido o gran impacto causado, a utilización de materiais económicos, e a imaxinación para utilizar materiais do propio establecemento, dándolle un toque de creatividade para transformalos nun escaparate “Samain”. O xurado sinalou que o Estanco Seixo debería ser nomeado na acta dos premiados, xa que o ambiente recreado en todo o espazo deste establecemento, a realización manual de todos os adornos fixeronno tamén digno de mencionar. No campo da hostalería resultou gañador a Cafetería “San Telmo 2”, onde o decorado, a luz tenue, a utilización de calabas e calabas disfrazadas crearon un ambiente que o fixeron ser o merecido gañador. En liñas xerais do xurado destacou a gran implicación de todo o comercio, así como a dificultade que tiveron para valorar o traballo feito polos comerciantes debido a alta calidade dos escaparates.

Por outra banda as rúas de Tomiño foron adornadas con cabazos e con bandeirolas desta nova campaña de Adeto, que para o ano que ven volverase a repetir debido a boa acollida de todos os entes participantes, comercio, hostalería e Tomiñeses.

4 de novembro de 2013 | 14:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.