‘Acuario’ invade de risas subacuáticas o auditorio da Casa da Cultura de Ordes

Representación do espectáculo “Acuario”
A Casa da Cultura do Concello de Ordes acolleu esta tarde a obra teatral ‘Acuario’. Un espectáculo baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O acto encheu o auditorio non só de nenos e nenas, senón tamén de adultos que acompañaban aos menores e que desfrutaron coas divertidas situacións que escenificaron os membros de Teatro dos Ghazafellos. ‘Acuario’ chega no marco do programa “FalaRedes 2013”, que xa ten visitado concellos como os de A Baña, A Bola, A Cañiza, A Coruña, A Laracha, A Peroxa, Aranga, Boqueixón, Cabana de Bergantiños ou Castrelo de Miño entre outros.











