publicidade hoxe

Actos “contra a violencia de xénero” en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, xunto coa OMIX do Concello, organizan para o o luns 25 de novembro unha serie de actos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Nalgúns destes actos colabora a Asociación de Mulleres Bolboretas de Xove.

Dentro da ampla gama de actividades programadas, temos:

-PRESENTACIÓN DO “IIIº PLAN MUNICIPAL PARA IGUALDADE” de oportunidades entre mulleres e homes de Xove, que se vai desenvolver a partires das 18:00 horas na Sala de Comisións do Concello. Esta presentación vai dirixida a axentes sociais: concellerías, departamentos municipais, organismos e colectivos do Concello.

-Dende a páxina web do Concello (www.xove.es)  vaise lanzar un MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, asinado polo alcalde Demetrio Salgueiro. Tamén se vai a preceder a colocación dun LAZO REIVINDICATIVO no balcón da Casa do Concello.

Xa na Praza do Centro Cívico e no Pavillón de Deportes anexo, a partires das 18:30 h.  e aberto ao público en xeral, imos ter:

-IMPOSICIÓN DE LAZOS MORADOS  a cargo da Asociación de Mulleres Bolboretas.

-LIBRO DE FIRMAS.- Estará a disposición dos asistentes para que poidan asinalo, e expresar a súa  repulsa como testemuña social.

-PERFOMANCE POLA IGUALDADE.- Crearase un lazo humano en repulsa da violencia de xénero.

21 de novembro de 2013 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.