Actividades do Concello do Carballiño con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Igualdade e Benestar Social, co motivo do dia 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero organiza dos dias 20 ao 29 de novembro as Xornadas: Non te cales, A voz viva!!! . Con elas queremos por de manifesto a compromiso do Concello de Carballiño na loita contra a violencia de xénero

No diseño e colaboración das diferentes actividades, que se realizaran ao longo de 10 días participaran máis de 20 profesionais, ademáis do equipo interdisciplinar do Centro de Información á Muller, tod@s eles/as de xeito altruista e desinteresado, e aproveito esta ocasión para agradecer dita colaboración.

Non te cales, a voz viva!!! comezou hoxe día 20 de novembro, coa 1ª sesión do Obradoiro “Sendas. Trazando proxectos de vida”, cuias participantes, 15 en total, foron seleccionadas polo Centro de Información ás Mulleres, sendo todas elas usuarias do CIM.; así mesmo, procurouse que estas 9 mulleres formaran parte dos nove concellos da comarca, para cumprir cun dos acordos establecidos entre os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín e O Carballiño, o derradeiro 25 de xuño cando se asinou o protocolo de colaboración entre os mesmos.

Este obradoiro proseguirá os días 21, 28 e 29 de novembro e terá lugar ás 10.30 h no local de Bo Día Familia.

“Sendas. Trazando proxectos de vida”, trata de reflexionar acerca do peso que a construción social de xénero ten na propia biografía persoal, fortalecer a autoestima, tomar conciencia dos propios recursos, habilidades e capacidades para potencialos, traballando con dinámicas activas e participativas, construindo dende a concientización e o “darse cuenta” o propio proxecto de vida.

As xornadas prosiguen cos actos do propio DÍA 25 DE NOVEMBRO, no que terán lugar:

Ás 12:00 horas, un Acto institucional na Praza Maior,conmemorando o DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. No acto contarase coa colaboración do alumnado dos colexios: Vila de Arenteiro, Sagrado Corazón, IES Chamoso Lamas, IES nº 1, co alumnado do conservatorio de música do Concello e a Asociación de discapacitad@s psíquicos do Carballiño ASPADISI.

Ás 8 da tarde, no Restaurante FUCHELA, terá lugar a proxección da película da Directora de Cinema Galego Patricia Ferreira, o documental “Señora de…”,   que amosa as testemuñas de varias xeracións de mulleres ás que a historia nin siquera lles permitiu soñar. Mostra un amplo espectro de mulleres de diferentes clases sociais e con diferentes tipos de educación, mulleres da cidade e do campo, do mar e do interior, que enfréntanse as súas lembranzas e falan por primeira vez do que foi a sua vida como mulleres galegas na recente historia de España. Posteriormente haberá un coloquio,  no que participarán: Josi Lage, actriz, Mª Paz Hortas Rodríguez, psicóloga, José Luis Sobrado, historiador e Presidente do Centro de estudos Chamoso Lamas, Alicia González Barreiro, técnica da Federación de mulleres rurais FEMURO e Rosa Nuñez, deseñadora do Carballiño.

O día 27 de novembro, e proseguindo coa actividade de sensibilización e prevención da violencia de xénero nos centros de ensino, que comezou o derradeiro curso 2012-2013, terá lugar unha Charla-taller no IES nº 1, IES Chamoso Lamas e no colexio Sagrado Corazón co titulo “Sensibilizacion e prevención da violencia de xénero na mocidade” a cargo da psicóloga e psicoterapeuta do programa de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: Concepción Rodríguez Pérez.

Así mesmo, durante o curso 2013-2014, proseguirán as actividades iniciadas no derradeiro curso 2012-2013: Obradoiro de sensiblización e prevención da violencia de xénero nos centros de ensino, iniciado pola psicóloga Cristina González Bahamonde, e que proseguirá este curso coa colaboración de ARMELA (Xestión de Servizos Sociais e Educativos), a Escola Municipal de Familia “Aprendendo a educar”, a cargo da psicopedagoga do concello: Mónica Moreno, no que se implementará un obradoiro sobre coeducación e prevención da violencia de xénero no ámbito familiar, e que contará con 5 sesións ao longo do curso. Entre os seus obxectivos están: sensibilizar ás nais e pais sobre os estereotipos sexistas ainda existentes na educación e transmisión xeracional, transmitir a importancia da coeducación, dotar de coñecementos básicos para a detección da violencia de xénero e contribuir á prevención.

Por último, ao longo do curso terá lugar o Programa MEU TEMPO, MEU MOMENTO,é un programa dirixido a mulleres xóvenes dos nove concellos da comarca, consta de 4 módulos prácticos e vivenciais, todos eles teñen por obxectivo común traballar a autoestima das  xóvenes e adolescentes; parte dun enfoque dinámico, activo e participativo, con técnicas de expresión corporal, xogos teatrais, masaxe e relaxación , cineforo e muller.

Dende a Concellería quixera agraceder a subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, grazas a cal podemos realizar estas ambiciosas xornadas, así como as distintas persoas e profesionais que participaron nas mesmas, e aproveito para convidar a todos os carballiñeses e carballiñesas a participar das mesmas.

20 de novembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.