Actividades culturais no Auditorio de Ourense para esta semana
Varias son as actividades que esta semana organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense no Auditorio Municipal. Para empezar, o xoves día 28 a partir das 20.30 h Misión Sapiens (Operación comedia), da compañía de teatro Malasombra. Do autor José Luis Prieto, está dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal, Luis Iglesia, Xavier Deive, Jouse García e o propio Marcos Orsi. A venda de entradas é en www.servinova.com, e dúas horas antes da actuación.
O venres 29, a Banda Municipal de Ourense, ofrece un concerto para escolares ás 10 h. 130 anos de traxectoria musical que achegarán aos escolares o mellor repertorio da histórica agrupación ourensana.
Ese mesmo día pola noite – 20.30 h – a compañía Sarabela estrea a súa última creación. A idade das pavías, que contará a historia dunha antiga casa no que o tempo se detén para abrir as portas do pasado. Un pasado no que vive na nosa memoria e que volve en recordos co cheiro ao viño de ameixa e ratas grises escaravellando os recunchos da nosa mente. Conta a historia de tres xeracións dunha familia de mulleres, vista a través da mirada inocente das dúas nenas da última xeración; poñendo en evidencia a necesidade que ten o ser humano de non estar só malia as dificultades que ten a convivencia. Esta obra se poderá ver os días 30, 1, 4 e 5 ás 20.30 h; tamén ten pases para escolares os días 2, 3, 4, 5 ás 11 h. A venda de entradas será dúas horas antes da actuación.
O domingo, fieis á cita coa actividade dirixida ao público infantil, teremos de fábula dirixida a maiores de 4 anos. Neste relato coñeceremos a raposa Bulebule, que xa ten idade para deixar a cada dos pais, e saír a procurar seu propio sustento. O bosque agárdalle cheo de riscos, e ela non ten experiencia para facerlles frente. Porén, a súa ousadía e astucia permitiranlle ir superando situacións comprometidas. Mais tamén traeranlle inimizades; entre elas, a do mesmísimo rei do bosque: o lobo Rapatundas. Esta obra sustitúe a O señor das dunas, que suspéndese pola indisposición dun dos membros da compañía.











