Actívase en Pontevedra o protocolo de frío ante a baixada de temperaturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra acaba de activar o protocolo de frío ante as baixas temperaturas que están previstas dende hoxe e para os vindeiros días.

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces explicou esta mañá que está en contacto con todas as entidades sociais que dan cobixo e alimento ás persoas que viven na rúa para que recollan os kits de frío que conteñen roupa de abrigo e vasos térmicos para pasar estes días o mellor posible.

Tamén están avisados os albergues de San Javier e Calor y Café, ademais do hostal Peregrino que colabora sempre con esta alerta.

A concelleira Carmen Fouces explicou esta mañá que a Policía Local activou a alerta e porá en coñecemento das persoas que viven na rúa do material e dos albergues nos que poden pernoctar.

A concelleira destacou o ben engranado que está o operativo cando se decreta a alerta de frío no que participa a Policía Local, a Concellaría de Benestar Social Municipal e todas as entidades que traballan neste eido social.

20 de novembro de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.