Activado nas rúas pontevedresas o operativo por xeadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ante as previsións de frío, a Concellaría de Servizos activou o operativo de xeadas en coordinación coa empresa de limpeza para esparexar sal polas rúas e evitar riscos para os peóns. O operativo implica a mobilización de medios técnicos e humanos para unha correcta atención aos cidadáns.

Por debaixo dos 4-3 graos positivos, suspenderase calquera tipo de baldo ou uso de auga na vía pública por parte do servizo de limpeza. Ademais, localízanse tres puntos de acopio de sal na cidade: Nave de Cespa no Campiño, Nave de Cespa en Mourente e Cuartelillo de Cespa na rúa Alfonso XIII.

20 de novembro de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.