publicidade hoxe

Acondiciónase a ruta do Queixoiro na Fonsagrada con 126.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLugo
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada polo Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, supervisou este mércores a finalización das obras de recuperación da ruta de sendeirismo “Seimeiras de Queixoiro-Forno do Bolo”, situada en dito municipio lugués.

López Izquierdo salientou que “a recuperación desta ruta de sendeirismo enmárcase na aposta da Deputación polo medio ambiente como recurso natural e oportunidade económica para a provincia, investindo na súa posta en valor e na preservación do noso patrimonio natural”. Pola súa banda, Fernández Queipo agradeceu a colaboración do organismo provincial para impulsar o medio natural da Montaña e a paisaxe como oportunidade para atraer visitantes, xerando riqueza e fixando poboación neste municipio.

A Deputada e o rexedor local percorreron un tramo desta ruta, de 3 quilómetros de longo, moi empregada polos visitantes pola súa beleza paisaxística e valor natural. As obras, que contaron cun orzamento de máis de 126.000 euros, consistiron no acondicionamento completo para o seu uso de 3 quilómetros da ruta “Seimeiras de Queixoiro-Forno do Bolo”. O proxecto incluíu a creación dun novo aparcadoiro para facilitar o acceso ós usuarios, a instalación de 1.000 metros de barandas para maior seguridade e na colocación de numerosas sinais infomativas, non só sobre a dirección da ruta, senón sobre aqueles puntos especialmente atractivos polo seu interese ambiental, etnográfico, cultural ou recreativo. Ademais, tamén se habilitou, á metade da ruta, unha área de descanso con elementos de ocio.

20 de novembro de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.