Abel Caballero felicita aos responsables de APEC pola súa aposta de futuro co Coworking

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde de Vigo referiuse ao Coworking como un xeito de “darlle unha posibilidade á xente que está empezando”, agradecendo o esforzo da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra de “darlle un paraugas á mocidade, á unha xeración tan cualificada”. Durante unha visita ás intalacións de APEC, na rúa Real, amosou o apoio municipal a unha iniciativa que xurde coa intención de que profesioanais independentes, emprendedores ou micropymes poidan desenvolver os seus proxectos de xeito independente e compartindo espazos.

Acompañado por responsables do Colexio de Arquitectos, Inxeñeiros de Caminos, Portos e Canais, o alcalde louvou o “exquisito” gusto artístico pola recuperación e dinamismo do Casco Vello, en alusión á ubicación da sede, advertindo de que “a recuperación do Casco vello é importante na recuperación de Vigo”. Durante a presentación desta iniciativa, Caballero augurou que o sector da construcción tendrá futuro “porque a recuperación da cidade levará aparellado a recuperación da construcción”.

5 de novembro de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.