A XV Regata de Nadal Trofeo Comodoro Manuel Nores para cruceiros comeza na ría de Pontevedra
O Real Club de Mar de Aguete comeza este sábado unha nova edición, concretamente a número quince, da xa tradicional e esperada REGATA DE NADAL DE CRUCEIROS – TROFEO COMODORO MANUEL NORES, gran mecenas da vela pontevedresa.
O Trofeo constará nesta ocasión de tres probas, xa que ademais deste sábado, se disputarán outras dúas probas os próximos tamén sábados 30 de Novembro e 14 de Decembro, sendo a entrega de premios este último no transcurso dunha cea nos salóns do club organizador.
O horario de saída tamén como sempre cambia con respecto ás series de primavera anteriores celebradas este ano e será a partir das 13.30 h. en previsión de rematar antes das postas de sol.
Novamente o Real Club de Mar de Aguete demostrando a súa inquietude pola promoción deste deporte, pon outra novidade como vai ser a categoría dos cruceiros menores de 23 piés, vendo o éxito que vén tendo nos últimos tempos na ría de Vigo e así ir animando tamén varias unidades deste tipo que hai na ría pontevedresa. Con estarán as clases ORC que navegarán as tres xornadas como os sub23, e os clásicos que soamente o farán o 14 de Decembro.
Moita animación como é tradicional, xa que todos os patróns están desexosos de levarse algún dos espectaculares premios desta regata, consistentes en sensacionais cestas de nadal para os primeiros.
Os vencedores o ano pasado nesta regata foron en ORC Regata, o OZOAQUA (IMX 38 – Juan Carlos Pérez – CN Combarro), seguido do YOU-KOUN-KOUN (JOD 35 – José Segade – CN Portonovo) e AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 – Tino Campelo – RCM Aguete). En ORC Cruceiro/Regata impúxose sorprendentemente o FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rey – CN Beluso), seguido do ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – CN Combarro) e a BILLA (First 27.7 – Francisco Freire – RCM Aguete). E a ORC Cruceiro foi para o SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo – CN Beluso), seguido do SQUID (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo) e o SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo), mentres que en Clásicos e de Época, gañaba o NOCTURNE (Nicholson – Enrique Barreiro – Agabace), seguido do CASSANDRA (Hillyard 36 – Fernando Pazó – C. Agabace/Portonovo) e o MIÑA MINIÑA (Tayana 37 – Fabián Garrido – C Agabace).
Máis de 20 barcos formalizaron xa a súa inscrición por agora para comezar a disputar esta Regata como diciamos, este sábado a partir das 13.30 h. na Ría de Pontevedra.











