A veciñanza de Neda doará DVDs e CDs deteriorados para a creación dunha Árbore de Nadal
Ademáis da tradicional iluminación navideña que cada ano adorna as rúas, lugares e edificios municipais, o Concello de Neda quere este ano incorporar novos elementos que potencien o ambiente festivo nestas datas. E, para iso, proponse a instalación dunha grande árbore de Nadal completamente reciclada. Confeccionaráse a base de DVDs e CDs usados que xa non teñan utilidade polo seu deteriorado estado. E, no seu empeño, o Concello quere implicar á veciñanza. Por isto, esta mañá facía un chamamento para que todo aquel que desexe axudar á construcción desta árbore de Nadal entregue os seus CDs ou DVDs. As entregas poden realizarse nas oficinas municipais da Casa do Concello (na primeira pranta) ata o vindeiro 9 de decembro e en horario de 9 a 14 horas.
Doutra banda, o Concello lembra que, ata o día 15, continúa a Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos. As persoas interesadas en colaborar poden depositar os alimentos –sempre productos non perecedoiros– nos puntos habilitados: grandes superficies comerciais do municipio (Eroski); nos locais municipais de entidades sociais da vila (A VV Anca, A VV Ancos, Aso-ciación de Amas de Casa, A VV O Roxal, na Casilla do Puntal e A VV Viladonelle) e nas oficinas municipais da casa consistorial (Avenida de Alxeci-ras, 34). Neste último caso, en horario de mañá, de 9 a 14 horas de luns a venres.











