A tripulación rusa realiza a súa preparación olímpica no Centro Galego de Vilagarcía

A tripulación rusa da clase 49er composta por Pavle Kalanchov e Pavle Kalinchev escolleron as instalacións do Centro Galego de Vilagarcía para continuar a súa preparación Olímpica, encóntranse adestrado cos irmáns Paz primeiros do Ranking Nacional da clase.

Escolleron estas instalacións polas facilidades que se lles dan para poder axustar as súas necesidades e poder así navegar cunha tripulación de referente mundial como é a Arousana composta por Carlos e Antón Paz.

Están a realizar dobre sesión de adestramento na auga compaxinan dolo á vez co adestramento físico e a preparación e probas exhaustivas do material tan necesario para este barco xa que a velocidade é fundamental.

Dende o Centro Galego de Vela agradecémoslles a súa estanza.

14 de novembro de 2013 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.