A Torre de Hércules iluminarase de azul en conmemoración do Día Mundial da Diabete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que mañá, xoves 14 de novembro, a Torre de Hércules se iluminará de cor azul de 18.00 a 01.00 horas, aproximadamente, con motivo da celebración do Día Mundial da Diabete. Con este xesto, o Concello coruñés pretende concienciar os cidadáns sobre esta enfermidade que afecta a máis de 370 millóns de persoas no mundo e se suma, deste modo, a unha acción que, dende 2007, xa realizaron máis de 1.000 monumentos do mundo.

O Día Mundial da Diabete é unha iniciativa instaurada pola Federación Internacional de Diabete e a Organización Mundial da Saúde en 1991 como resposta ao incremento de caso de diabete no mundo. Celébrase cada 14 de novembro para conmemorar o aniversario de Frederick Banting quen, xunto con Charles Best, descubriu a insulina. A iluminación en cor azul, realízase en honor ao logotipo do Día Mundial da Diabete, que é un círculo de cor azul.

13 de novembro de 2013 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.