A terceira función dos “Venres Teatrais” da Laracha representa a comedia clásica Tesmoforias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

Os “Venres Teatrais” da Laracha continúan esta semana con Tesmoforias, unha adaptación –a cargo de Susana Crespo para a Compañía de Teatro El Ruiseñor, de Culleredo- da comedia clásica escrita polo dramaturgo grego Aristófanes, representada por primeira vez no ano 411 antes de Cristo.

Na Grecia daquela época o festival das Tesmoforias era unha celebración dedicada á fertilidade e na que, polo tanto, as mulleres eran as protagonistas, sendo o único día do ano no que no que elas tiñan dereito a impartir as súas leis. O poeta Eurípides, consciente de que as féminas de Atenas aproveitarán a ocasión para conspirar contra el por como as trata nas súas traxedias, disfraza ao seu sogro de muller e o introduce na asemblea para que fale ao seu favor.

Polas características e a mensaxe desta obra clásica, e aínda que se trata dunha comedia dirixida a todos os públicos, a actuación inclúese no marco do programa que desenvolve o Concello da Laracha en torno ao 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

A actuación comezará ás 21.00 horas na Casa da Cultura da Laracha, sendo a entrada libre e gratuíta.

Esta será a terceira das actuacións do programa “Venres Teatrais”, que finalizará a próxima semana con Gaivotas subterráneas.

20 de novembro de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.