A “Sementeira” de Cambre acada o segundo premio na sección segunda do VII Certame Galego de Bandas de Música

Participación da banda “Sementeira” no VII Certame Galego de Bandas
A Banda de Música “Sementeira” de Cambre consegue o 2º premio na sección 2ª (70 músicos) do VII Certame Galego de Bandas de Música, celebrado o pasado sábado 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
A agrupación cambresa obtivo unha das puntuacións máis altas da historia do certame, 340 puntos, a tan só 4 puntos da primeira clasificada, e a case 100 puntos do resto das participantes, en total 5, o que deixa ver a igualdade entre a 1ª e 2ª banda de música, vendo que a banda Sementeira de Cambre rozou o 1º premio.
A Banda de Música “Sementeira” de Cambre repite éxitos cada vez que se presenta a un concurso na súa terceira participación no certame galego, no que xa conseguiu o 1º premio e mención de honra no ano 2007 e 3º premio no ano 2009, ademais do 2º premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia no ano 2010.











