A segunda fase da campaña de limpeza afecta ás prazas da Independencia e de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As concellerías de Obras, Servizos e Medio Ambiente continúan a vindeira semana coa campaña intensiva de limpeza de rúas do centro urbano. Nesta segunda fase, as labores xirarán en torno ás rúas da Praza da Independencia, Praza de España e Praza de Abastos. A limpeza efectuarase o mércores, xoves e venres por tramos e con horarios que se irán comunicando a xornada anterior nas zonas afectadas mediante a colocación de folletos en parabrisas dos coches e portais co obxecto de que se liberen os estacionamentos o día concreto da limpeza.

Como na primeira fase realizada a semana pasada, os operarios do Concello actuarán a modo de avanzadilla o luns e o martes limpando tragantes e desatascando arquetas a man e, cando sexa necesario, utilizando o camións aspirador.

O groso do operativo chegará o mércores coa intervención da maquinaria de limpeza de Cespa que fai precisa a retirada de vehículos estacionados. Ese día intervirase entre as 7 e as 10 da mañá nas rúas Ravella, Ramón y Cajal, Arapiles, Cervantes, Gumersindo Nartallo e Duque de Rivas. Entre as 10 da mañá e ata as 13 horas, as labores trasladaranse a rúa San Roque (ata a confluenza con Ramón Cabanillas) e o contorno do parque Doctor Fleming (fronte ao Anexo A Lomba). Para poder desenvolver estas tarefas as rúas deberán quedar libres de vehículos antes das 7 da mañá para non interferir nin demorar as labores de limpeza que implican a utilización de máquinas varredoras, de baldeo, e de lavado de contedores de lixo.

O xoves e tamén cos estacionamentos libres antes das sete da mañá comezará a limpeza pola rúa Doctor Tourón (entre a Glorieta da Mariña Española e a Praza de España), Praza de España, Vicente Risco e Covadonga. Espérase rematar estas rúas ás 10 da mañá para pasar a continuación a Edelmiro trillo, Praza da Independencia e Padre Feijoo.

O venres repetirase a actuación. Entre as 7 e as 10 da mañá procederase á limpeza das rúas Conde Vallellano, Arcebispo Lago e Alexandre Bóveda (confluenza Arcebispo lago con Castelao). Por último, entre as 10 e as 13 horas do venres a maquinaria trasladarse as rúas Alejandro Cerecedo, travesía Alejandro Cerecedo e o tramo de Fariña ferreño entre Doctor Tourón e Arcebispo Gelmírez.

Para evitar posibles confusións, avisarase puntualmente e de xeito individualizado cada un dos tres días nos que será necesario retirar os coches dos aparcamentos parra que se poidan limpar tanto as beirarrúas como a calzada e tamén os contedores de lixo. Independentemente da información que se poida realizar durante a semana a través da web municipal e dos medios de comunicación, a distribución de folletos informativos centralizarase a xornada anterior ao inicio da limpeza e só nas rúas afectadas ese día, para advertir aos propietarios de vehículos e veciños desa zona en concreto. Deste xeito, os avisos para a limpeza do mércores colocaranse o martes.

Aparte de tratar de mellorar o sistema de información e avisos, o Concello prega a máxima colaboración dos cidadáns para que a limpeza de rúas poida realizarse de forma eficiente.

16 de novembro de 2013 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.