A Residencia pontevedresa de La Peregrina organiza unha cea para persoas soas en Noiteboa
A Concellaría de Benestar Social Municipal quere aplaudir, animar e agradecer a todas as empresas que, por iniciativa propia, tratan de mellorar día a día o benestar das persoas que peor o están a pasar por mor da situación económica á que nos abocan as políticas económicas.
O último en unirse a esta iniciativa é a residencia de estudantes La Peregrina situada na rúa Eduardo Pondal. A dirección da mesma vén de dirixirse á Concellaría de Benestar Social Municipal para que lle transmita ás persoas con escasos recursos e que van a pasar a Noiteboa soas, que están convidadas no comedor da residencia a unha cea en compañía, tal e como parece obrigado nestas datas.
Os Servizos Sociais do Concello e as asociacións da Redeaxuda xa teñen confirmada a asistencia das cincuenta persoas que van desfrutar desta inciativa.
A concelleira Carmen Fouces quere explicar que “máis alá da importancia puntual destas inicativas, hai que destacar a cohesión social de Pontevedra e o impulso cidadá que se está a experimentar no eido da colaboración veciñal”. Fouces afirma que “en Pontevedra hai sociedade. As múltiples inciativas que se están a desenvolver na cidade están práticamente todas canalizadas pola Redeaxuda, aproveitando as garantías e o traballo de coordinación que se está a facer”.
Carmen Fouces quere agradecer o traballo “de todos os sectores implicados e parabéns aos veciños e veciñas polo sentimento cidadá que fomentan”.











