A recanteira Iria Cid presenta o seu primeiro traballo discográfico en Monforte de Lemos

Iria Cid na presentación do seu primeiro single
Iria Cid, unha das anteriores representantes de LEMOSTERRA no popular espazo “Recanteiros” do programa Luar da TVG presente este sábado 23 de novembro o seu primeiro traballo discográfico “La Realidad”.
A presentación terá lugar ás 20.30 h. no edificio Multiusos de Monforte de Lemos e contará ademais coa actuaciaón de Gemma Sanz (compositora, mellor disco novel 2012) e Rodrigo Vázquez (productor e pianista).
As entradas están á venda en Star Center (C/Chantada, nº 58) e na Cafetería do IES Daviña Rei. Prezo de entrada anticipada: 3 euros. Prezo en taquilla: 4 euros. Aforo limitado











