A Praza de Armas será a saída da carreira popular de Ferrol que contará cun percorrido de 10 quilómetros
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a Carreira Popular Carrefour-Ferrol “Corre por Ferrol” que se celebrará o vindeiro 17 de novembro. A edil ferrolá estivo acompañada do director de Carrefour Ferrol, Marcos Gómez; do director rexional Carrefour Galicia, Gabriel García; e do organizador técnico do evento, Diego Ezquerro.
A carreira dará comezo ás 11:00 horas na Praza de Armas e percorrerá 10 quilómetros de zonas emblemáticas da cidade e visitarán o centro Carrefour no polígono de O Boial. Este percorrido será para a categoría absoluta, mentres que as categorías menores realizarán outras distancias a partir dos 100 metros. As persoas que estean interesadas en participar na proba poderán formalizar a súa inscrición a través da páxina web: www.championchipnorte.com ou no hipermercado Carrefour de Ferrol. O prezo da inscrición é de 2 euros para a categoría absoluta e rematará o vindeiro xoves, día 14.
A edil de Deportes, Susana Martínez, explicou que este evento “serve para celebrar na nosa cidade a inauguración do seu primeiro centro comercial no área Parque Ferrol”. Ao fío disto, a concelleira quixo felicitar á emprega Carrefour “por esta iniciativa e esperamos poder contar con vos para futuras colaboracións en beneficio da nosa cidade e do deporte ferrolán”. Pola súa banda, o director rexional Carrefour Galicia, Gabriel García, sinalou que todo o recadado na proba “será doado a unha ONG ferrolá”.











