A Policía Local de Vigo intervén nun presunto delito de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Detención de AM.G. G. home de 37 anos de idade, natural e veciño de Vigo, por un presunto delito de violencia de xénero. 

Ás 02,20 horas do día 28 de novembro de 2013, Axentes da Policía Local trasladáronse á rúa Teixugueiras, onde ao parecer se
producira unha pelexa entre unha parella. No lugar, os policías entrevístanse cun home e unha muller, os cales presentaban diversas lesiones produto presumiblemente da agresión.

A discusión iniciouse supostamente cando ambos chegaron ao domicilio dunha festa, pretendendo o home marcharse para
continuala. A muller, co mesmo domicilio que o home e de 35 anos de idade, presentaba lesións no rostro, nun xeonllo e nun brazo.
Os feitos determinaron a detención de AM.G.G.

28 de novembro de 2013 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.