A Policía Local de Ferrol incauta un posto irregular no mercadillo de Recimil
A Policía Municipal de Ferrol realizou onte unha intervención no mercadillo de Recimil centrada no cumprimento do establecido na ordenanza municipal de venda ambulante. Este operativo de control responde ás reiteradas queixas da asociación de veciños do barrio e dos propios comerciantes.
A Policía Local procedeu a identificación de postos de venda ilegal e tramitou 16 expedientes sancionadores por infraccións á Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante. Ditas sancións foron cursadas principalmente pola ubicación de mercancías fora do posto e polo exercicio da actividade de venda de maneira irregular. Ademais, os gardas requisaron un posto enteiro de mercancía con artigos de todo tipo (limpeza, plásticos, paraugas…) por exercer a venda sen ningún tipo de autorización.











