A Policía de Vilagarcía comeza en Trabanca e San Roque a campaña para previr atropelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Esta semana ponse en marcha a campaña de prevención de atropelos que promove a Dirección General de Tráfico e na que que colabora a Policía Local. Un axente do corpo municipal será o encargado de impartir as sesións que se desenvolverán en todas as parroquias do municipio e que comezan mañá en Trabanca Badiña para continuar en san Roque e Trabanca Sardiñeira. Peóns e condutores están convocados ás sesións nas que os asistentes recibirán un chaleco reflector para poñer cando camiñen por estradas con pouca luz.

A primeira das sesión que ten programadas a Policía Local durante as próximas semanas desenvolverase mañá, 12 de novembro, no centro sociocultural de Trabanca Badiña ás 20:30 horas. O mércores ás 19:30 horas celebrarase a charla no centro sociocultural de San Roque e o xoves no de Trabanca Sardiñeira a partir das 17:00 horas. A Policía contactou xa cos colectivos máis representativos de cada barrio para difundir a actividade e convidar a súa asistencia.

O ciclo de conferencias de sensibilización para a prevención de atropelos desenvólvese en toda Galicia a través da Dirección General de Tráfico e coa colaboración da Xunta de Galicia e das policías locais de cada localidade. A iniciativa leva por título “Mira, que che te miren” lema que pretende advertir sobre a necesidade de que os peóns miren ben antes de cruzar e tamén de que se fagan ben visibles para os condutores á hora de camiñar de noite, no ocaso ou ao amencer, ou por rúas e estradas con pouca iluminación. O mellor xeito de conseguilo é vestir chaleco reflector, unha prenda que se poderán lavar os asistentes ás charlas.

Un axente da Policía Local será o encargado de explicarlle aos asistentes os riscos e as normas ou consellos básicos para reducilos. As explicacións incidirán en erros que cometemos habitualmente e que representan un perigo e para ilustralos contarse cunha presentación en power point e cun vídeo, materias facilitados pola DGT e complementados con imaxes propias da localidade.

Aínda que están chamados a asistir ás sesións todo tipo de público, a campaña de concienciación presta especial atención ás persoas maiores de 65 anos, xa que é neste colectivo onde se producen o maior número de vítimas de atropelos en Galicia. A campaña tamén se pon en marcha en outono, debido a que un dos factores que tamén inciden moito nos atropelos é a escasa visibilidade que aumenta ao reducirse ás horas de luz natural.

As charlas informativas e de sensibilización continuarán a vindeira semana na casa de cultura de Guillán, no centro sociocomunitario do Ramal, e nos centros sociculturais de Cornazo e Bamio.

11 de novembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.