A Policía de Vigo detén a un varón rumano por presunto furto de obxectos de perfumaría
Detención de F.M de 46 anos de idade, nacido en Romanía e sen domicilio coñecido, por presunto furto de obxectos de perfumaría nun supermercado. Ás 18:20 horas do día 28 de novembro, a responsable dun supermercado da rúa Conde de Torrecedeira comunicou a Central de Información e Mando desta Policía Local que tiñan retido un individuo por furto no seu establecemento.
No lugar, a patrulla actuante entrevistouse coa requirente a cal manifestou que momentos antes soou a alarma cando un varón se dispoñía a saír do supermercado, e que por tal motivo lle invitaron a que mostrase o que levaba enriba, accedendo sen ningún tipo de problema, sacando do interior das súas pezas diversos obxectos de perfumaría, recoñecéndoos como do supermercado.
Os actuantes tras comprobar que non tiña nada mais, procederon á súa detención.











