A pintora Teresa Caaveiro entrega un cadro da mostra Narart ao Concello de Neda

Entrega do cadro ao Concello de Neda
O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, recibiu da pintora Teresa Caaveiro unha das obras pictóricas que formaron parte da exposición que Narart puxo a disposición dos nedenses entre o 16 e o 24 de setembro na Casa das Palmeiras. Obra que pasará a integrar os fondos municipais. No acto, celebrado no día de onte na casa consistorial, tamén estiveron presentes o presidente da asociación cultural, José Ignacio Fernández Dapena, e a concelleira de Cultura, Eva Olmo.











