publicidade hoxe

A pescada convértese en protagonista na masterclass gratuíta de cociña autóctona en Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLugo
A-
A+

A Deputación leva este mércores a Foz, a través do programa europeo Lug02, unha nova masterclass gratuíta de cociña autóctona en impulso dos produtos da zona. A xornada desenvolverase no Restaurante Xoíña, a partir das 17:00 horas. Os 15 participantes aprenderán a preparar un menú composto por pescada procedente da lonxa de Burela e cogomelos de tempada.

A chef local, Montserrat García Lugilde, explicará ós asistentes como facer un entrante de ameixas con setas e gambas, un primeiro prato de pescada rechea de carne de centolo, un segundo prato de medallón de tenreira con verduras, e unha tarta de queixo de postre.

A iniciativa enmárcase na aposta da Deputación polo medio ambiente, como oportunidade económica para a provincia. Coas masterclass, a institución impulsa os produtos autóctonos, fomentando a súa comercialización en establecementos da provincia, como xeradores de novas oportunidades económicas debido a súa calidade. O organismo provincial xa celebrou clases de cociña autóctona en Monforte de Lemos, Chantada, Cervantes, O Valadouro e Viveiro. En todas elas, empregáronse produtos propios de cada zona como, por exemplo, hortalizas, legumes, derivados da matanza, caza e pesca, entre outros.

A Deputación potencia, ademais, os produtos autóctonos coas marcas de calidade LugoSabe que posúen 115 produtores lucenses que comercializan máis de 400 produtos, ou coa primeira plataforma de comercio electrónico da provincia, www.losprodutosdelugo.com, na que se venden mediante Internet 250 alimentos de calidade, como aceites, conservas, mel, marmeladas, pan, queixos, viños, licores, embutidos ou mariscos, entre outros.

5 de novembro de 2013 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.