A parroquia mosense de Tameiga acolle a V Edición da Festa do Cocido con motivo da celebración do San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMos
A-
A+

A parroquia mosense de Tameiga celebra a festividade de San Martiño a vindeira fin de semana. As festas prolongaranse durante os día 9, 10 e 11 de novembro. O sábado, día 9 de novembro, haberá verbena no torreiro da igrexa a partir das 18.00 horas, que será amenizada polos grupos Añoranza Folk, Ribadumia, e Trío Melodyans.

O domingo 10 concentrará os actos principais da festividade. Ás 09.00 horas oficiarase unha Misa, e ás 12.30 horas Misa Solemne cantada pola Coral O Son dos Cantares de Tameiga. Ás 13.30 horas actuará o Grupo de Gaitas Xógara de Veigadaña e de seguido, celebrarase a V Festa Gastronómica do Cocido no Pavillón de Pena de Francia. O prezo por persoa da ración de cocido será 20 euros para adultos e 10 euros menú infantil.

Os interesados en participar nesta quinta edición da Festa do Cocido deben inscribirse previamente chamando ó teléfono 630 960 497. Tras ó xantar, ás 16.00 horas, dará comezo a verbena que estará amenizada musicalmente polo Dúo Estelar.

Por último o luns 11 de novembro, a partir das 18.00 horas, oficiarase unha Misa Rezada con procesión, tras a que se celebrará unha castañada na compaña do Grupo A.C. San Martín de Tameiga. Durante toda a festividade o recinto estará cuberto cunha gran carpa.  

4 de novembro de 2013 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.