A obra teatral “Homes, mulleres e viceversa” chega a Poio
O ciclo de teatro afeccionado PoioEscena, co-organizado pola concellaría de cultura, a SCD Raxó, a SCD Samieira e a ACDeM Armadiña, entra na súa recta final. A obra de novembro, a penúltima deste programa anual, chega ao escenario do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó da man da SCD Raxó o venres 29 ás 21 h. O prezo das entradas van dos 50 céntimos aos 3 euros.
Trátase dunha comedia para todos os públicos, “Homes, mulleres e viceversa”, do grupo de teatro O’Tarabelo, de Sanxenxo. Aínda que cun ton humorístico, o contido da obra é serio, xa que trata de reflectir a problemática da violencia machista na nosa sociedade, após do Día Internacional da non violencia contra as mulleres que se ven de conmemorar o 25 de novembro.
Ás 20 h. Tamén no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, a concelleira de cultura, Silvia Díaz, reunirase cos representantes das asociacións co-organizadoras para facer un balance do desenvolvemento do ciclo e poñer en común as propostas de cara á programación do ciclo PoioEscena 2014, que se presentará a comezos do ano que ven.
A última obra do programa deste ano adiantarase unha semana por mor das datas de Nadal, terá lugar na Comunidade de Montes de Combarro o 20 de decembro, como adoito ás 21 h.











