“A Nena e o Grilo” chega ao Teatro Principal de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

A música é a protagonista este venres, ás 20h,  no Teatro Municipal de Tui con  “A nena e o grilo”. Baixo a dirección de Pepablo Patiño presentan un espectáculo  musical titulado “A nena e o grilo nun barquiño” da autoría de Magín Blanco. Os dous, Pepablo Patiño  e Magín Blanco, forman parte do elenco xunto a Jorge Juncal, Jerry Noia, Montse Piñón e María Faltri. Ao longo de 60 minutos a nena e o grilo viven novas aventuras para descubrir o mundo dende unha perspectiva sinxela e xenerosa. As cancións que acompañan a posta en escena abren as portas a que os propios nenos poidan crear o seu universo e achegar as historias dende a súa perspectiva persoal.

As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

13 de novembro de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.