A naturópata Gloria Pérez presentará o seu último libro “O meu regreso á casa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Salón de Plenos municipal albergará mañá xoves 21 de novembro ás 20.00 horas a presentación do último libro da naturópata e escritora Gloria Pérez, “O meu regreso á casa”. Ademais de presentar a súa última obra, Gloria Pérez ofrecerá unha conferencia titulada, “A enfermidade como camiño”, na que fará partícipe o público asistente a súa visión sobre a esclerose múltiple, unha perspectiva adquirida a través da súa propia experiencia vital, grazas á busca incansable en toda a ampla gama da ciencia e das terapias alternativas.

20 de novembro de 2013 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.