A mostra “She loves, she loves me not” ensina no Museo de Ourense as diferentes formas de entender as relacións
Unha nova exposición viu a luz hoxe na Sala I do Museo Municipal. She loves, she loves me not, que nos ensina diferentes formas de entender as relacións, estará no Museo Municipal dentro do marco do Festival Outono Fotográfico. Foi presentada está mañá, e permanecerá ata o vindeiro día 15 de decembro.
Está configurada por once series fotográficas e unha video – creación pertencentes a doce artistas de varios países. En total son máis de 80 obras fotográficas as que conforman esta colección que está comisariada por Rui Prata, quen foi detectando os traballos artísticos ao longo das súas viaxes que fai por festivais de todo o mundo, debido ao seu traballo como Director do Museu da Imagem. De feito esta exposición chega a Ourense froito do intercambio encetado este ano entre o festival Encontros da Imagem (Braga) e o Outono Fotográfico.
A temática versa sobre os diferentes xeitos de familia que hai actualmente, e as diferentes formas de entender as relacións, co que mapea as diversas maneiras de establecer unha familia ao longo e ancho do mundo. Para máis información sobre a exposición pódese consultar na web











