A mostra “Narcisos”, de Diego de los Reyes, permanecerá exposta na Sala Fondos de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Unha nova exposición do Outono Fotográfico presentouse esta mañá no Museo Municipal. Narcisos, do artista Diego de los Reyes, que estarán na Sala Fondos do Museo Municipal entre os días 5 e 17 de novembro. Á exposición foi presentada pola concelleira de Cultura, Ana Garrido, a Técnica de Áreas Expositivas, Eva Torres e o Coordinador do Outono Fotográfico, Vítor Nieves.

Son un total de 25 imaxes, que oscilan entre os formatos de 30×40 e 100×81. Traballos que pretenden buscar as claves nos procesos de representación e autorepresentación das construccións masculinas. Elixindo imaxes do masculino que definan estes estereotipos ou prototipos da masculinidade acutal. Diego de los Reyes é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 2012. Interesado polos conflitos de indentidade, ao igual que polo descobremento e redescobremento de diferentes técnicas de expresión artísticas. Ten participado en distintas exposicións colectivas como 2804 Metros, Hotel Aneto, Zaragoza 2012 e 2013; Drawing Area, El Cubo Soma, Sevilla 2012; Postcards from the Edge, Visual AIDS, New York 2013.

Tamén foi seleccionado para o II Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dirixido por Rafael Doctor en 2012.

5 de novembro de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.