A mostra “Cinema e sociedade 2013” proxectará “El profesor”, “Amor”, “Precious”, “Declaración de guerra” e “Lume e fume” en Ferrol
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, colabora coa Asociación Cultural “Conxeito” para a celebración da mostra “Cinema e Sociedade 2013” que terá lugar dende mañá martes, día 12,, ao 14 de novembro no Centro Cívico de Caranza. Este proxecto trata por medio do soporte audiovisual, facer chegar ao público e xuventude, en particular, as diferentes problemáticas que está sufrir a sociedade.
Charlas, mesas e unidades didácticas servirán para promover o debate social que estará dirixido basicamente a escolares, entidades e colectivos sociais. Ademais das proxeccións do ciclo, durante a celebración da mostra poderase ver no Centro Cívico de Caranza unha exposición temática sobre a Batalla de Brión, composta de fotografías, gravados e paneis informativos; así como a posta en escena da peza teatral “Momento Blooming” –o xoves, día 14-. Ademais, a mostra inclúe unha mención especial á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL).











