A modificación da ordenanza de tráfico no Casco Vello de Ourense incorpora as emendas dos grupos PP e BNG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa sesión desta mañá os seguintes asuntos, que serán incluídos no pleno do vindeiro mes de decembro para a súa aprobación:

1. Aprobación da revisión das tarifas de taxis para o ano 2014

A Comisión de Pleno deu o visto bo á solicitude realizada pola Asociación provincial de Auto-Taxis e AutoTurismos de Ourense, de revisión das tarifas para 2014, aplicando o incremento do Índice de prezos ao consumo (IPC) desde o 31 de agosto de 2012 ao 31 de agosto de 2013. A proposta foi ditaminada favorablemente cos votos dos grupos municipais de PSdeG-PSOE e BNG, e abstención de BNG e DO. Nadal, Aninovo e Reis: incremento dun 25% de 7:00 a 21:00 horas sobre tarifa 2, e de 21:00 a 7:00 horas sobre tarifa 3.

2) Modificación da ordenanza de tráfico no Casco vello

Na mesma sesión, a Comisión de Pleno ditaminou favorablemente a proposta de modificación da ordenanza municipal de tráfico (anexo 2, que define o réxime circulatorio do Casco Histórico) aprobada pola Xunta de Goberno Local o día 2 de outubro, incorporando as emendas presentadas polos grupos municipais de PP e BNG.

As emendas aprobadas establecen que as tarxetas de acceso sexan gratuí     tas, e que residentes que non teñen vehículo propio podan vincular o seu dereito a contar cunha tarxeta magnética a vehículos de familiares, ampliando o tempo de parada máxima ata os 30 minutos.

Tamén se fixa unha nova definición do concepto de residente (artigo 7): “Todas aquelas persoas que, residindo dentro da unidade familiar dunha vivenda dentro do Casco Histórico, e teñen un vehículo ao seu nome, certificado polo Concello terán dereito a dispoñer da súa correspondente tarxeta magnética de acceso ao Caso Histórico”.

As emendas foron aprobadas cos votos favorables de PP e BNG, e abstención do grupo municipal de PSdeG-PSOE e DO, que se reservan voto para pleno. Tamén foi ditaminada favorablemente, neste caso só cos votos de BNG, a emenda deste grupo que reduce o importe das multas previstas no réxime sancionador.

A única emenda que non foi aprobada foi a que propoñía suprimir a prohibición de acceder ao Casco Vello aos vehículos de carga e descarga que excedan de 5.500 kg.

3. Convenio de xestión catastral

Na mesma sesión, ditaminouse favorablemente a formalización dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) en materia de xestión catastral.

29 de novembro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.