A modernización da praza de abastos de Ordes potencia o comercio de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes acaba de iniciar as obras de reparación, modernización e remodelación do seu mercado de abastos. Un proxecto no cal se investirán un total de 160.000 euros e para o que se conta cunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria que ascende a 120.000 euros.

O proxecto contempla as seguintes intervencións: O acondicionamento dun acceso directo desde o exterior para persoas con movilidade reducida, para o que se instalará unha porta de acceso, un cortaventos e ramplas de acceso para salvar o desnivel existente entre o pavimento exterior e o interior. Reforma dos aseos para adaptalos a calquer tipo de usuarios. Apertura de ocos na fachada e instalación de fiestras con carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante de baixa emisividade. Demolición do aceirado existente e sustitución por outro máis ancho de formigón coloreado e bordo de granito. Tapado de xardinería localizado na entrada principal e reposición da fachada no seu lugar, así como a colocación de xardineiras e bolardos. Tapiado dos muelles de carga que actualmente están en desuso. Restauración das portas de acceso. Limpeza da fachada e da cuberta e a aplicación dun tratamento funcixida á pedra. Colocación de canalóns e cumieira na cuberta. Ademais dotarase ao inmoble das instalacións precisas para reducir o consumo eléctrico. A execución de todo este traballo agárdase que esté rematado a mediados do vindeiro mes de decembro.

O Concello de Ordes estima que todas estas melloras nos equipamentos públicos constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do seu comercio, polo que considera de “gran importancia” dita intervención. Todo elo valorando as posibilidades de creación doutras actividades económicas complementarias que ofrece un mercado tan céntrico como o de Ordes. Tamén se ten en conta a posibilidade de oferta de productos frescos de procedencia local ou comarcal que se pode brindar dende este tipo de espazos, polo que esta remodelación se presenta como “un incentivo e unha aposta polo comercio de proximidade”,  tal e como manifesta Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes. Por todo elo dende o goberno local rexeitan “as críticas infundadas contra este proxecto que conta cunha ampla cobertura financieira por parte da Xunta e que, sen dúbida, aportará un beneficio para a poboación e o texido comercial de Ordes”

Un obxetivo que pretende verse cumprido a través do aproveitamento e modernización deste espazo, reducindo barreiras arquitectónicas, mellorando o consumo enerxético e o conforto térmico do interior da edificación, ademais da limpeza da fachada e outros tratamentos que axudarán a renovar a súa imaxen. Unha melloras que se aplicarán tamén nas inmediacións da edificación grazas á ampliación da vía peonil para facilitar o acceso aos postos de venda.

13 de novembro de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.