A memoria das mulleres estuda tres proxectos de recuperación da memoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

No marco do programa municipal A memoria das mulleres esta tarde vai ter lugar na Casa das Campás unha xornada formativa na que se presentarán proxectos de recollida e documentación da memoria histórica local, con especial atención á memoria das mulleres.

O encontro desenvolverase de 17.30 a 20.30 horas e a previsión de intervencións é a seguinte:

• 17.30 Apertura da xornada: presentación do programa A memoria das mulleres en Pontevedra

• 17.45. Carmen Nieto: presentación dos proxectos “Fálame de San Sadurniño” e “Memoria de muller” Coloquio.

• 19h. Antón Caeiro: presentación do proxecto “O faiado da memoria” (Vilagarcía) Coloquio

• 19.45 h Patricia Arias: presentación do proxecto “Mecas A memoria das mulleres” (IES As Bizocas, Ogrobe) Coloquio

O FAIADO DA MEMORIA O faiado da Memoria nace cunha intención de recoller en pór en valor o patrimonio gráfico, documental, sonoro e audiovisual de Vilagarcía de Arousa e contorna. Creado por Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, oficialmente, en 2008 ten reunido, ata o de agora un arquivo de case 100.000 arquivos dixitalizados, 40 horas de gravacións orais, dixitalizado películas domésticas desde os anos vinte aos setenta, realizado e recuperado gravacións sonoras e feito, con este material varias exposicións e documentais.

FÁLAME DE SAN SADURNINO O proxecto baséase en obradoiros colaborativos nas sete parroquias de San Sadurniño, no que @s participantes aprenden a dixitalizar e xeolocalizar fotografías. Posteriormente gravan un audio explicativo de cada imaxe, para subir logo o resultado final á web www.falamedesansadurnino.org: un espazo na rede, no que se mestura o pasado e o presente, en diferentes tipoloxías e soportes de información para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalar cotián das xentes e terras de San Sadurniño. En definitiva, trátase de crear unha comunidade na que simples fotos faladas carguen de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas.

MECAS, A MEMORIA DAS MULLERES (Libro publicado polo IES As Bizocas de Ogrobe)

1.- A orixe de todo o proxecto: A visita escolar á exposición Memorial da liberdade. Represión e resistencia en Galiza 1936-1977. Auditorio de Santiago de Compostela

2.- Unha experiencia previa: as redaccións do IES de Viceso (Brión)

3.- O inicio do proxecto nas Bizocas. Un traballo obrigatorio para todos os estudantes.

4.- A presentación pública do libro: A importancia de dar a coñecer o traballo e a importancia de facer que todo o mundo se sinta orgulloso do resultado.

5.- O Concello e o equipo directivo deben implicarse no traballo dos estudanes.

6.- O orgullo do resultado final. Un premio para os autores e a base do próximo proxecto

7 de novembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.