A Mancomunidade de Ordes celebra o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero nos centros educativos
Co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebrou hoxe a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes realizou unha serie de actos e eventos en diversos centros académicos da zona. Pódese falar de arredor de 1.500 persoas entre estudantes e profesorado os que participaron desta xornada reivindicativa, na que se incidiu nesta problemática social que afecta non só ás mulleres senón a todo o seu familiar onde se presenta.
Tanto en colexios como en institutos procedeuse á lectura dun manifesto no que se asegura que estamos ante “un problema complexo que afecta a homes e mulleres cuxa solución require a implicación de todas as institucións e dos cidadáns indistintamente do seu sexo”. Neste sentido, e según o texto refrendado pola Mancomunidade de Ordes no pleno da semana pasada “ésta posiciónase do lado da defensa dos dereitos e da dignidade das persoas, sen permitir a violencia en ningún grado, nin ofrecer o seu silencio como cómplice desta lacra social, alzando a voz en contra de calquera tipo de agresión”.
Outro dos actos que o alumnado levou a cabo foi o uso simbólico dos colectores chamados ‘das tres erres’, depositando papeletas con mensaxes de cara á reducción de modelo se prexuizoz sexistas, ao reciclado de perspectivas positivas de xénero, así como para a reutilización de actitudes baseadas en valores igualitarios. Tras esto os presentes e participantes alzaron as súas mans todos xuntos como símbolo de rexeitamento á violencia e a favor da igualdade, tras entregarse un díptico que recollía as principais ideas e conclusión do traballo realizado durante as últimas semanas a través do programa Igualar. Un programa de coeducación dirixido ao alumnado de Educación Secundaria da Comarca no que participaron máis de 1.000 alumnos e alumnas de oito centros distintos, e que contou coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, xunto cos sete concellos da comarca. Por último tamén se proxectou unha curtametraxe relacionada cos contidos sobre os que se baseu dito programa.
Os resultados obtidos nel difundiranse nun breve espazo de tempo a través dunha exposición itinerante que recorrerá cada un dos sete concellos da Mancomunidade de Ordes, a cal recollerá o material fotográfico e audiovisual elaborado nas sesións de aula e na xornada Contra a Violencia de Xénero. Unha información que tamén se poderá consultar no blog http://programaigualar.blogspot.com.es/, o cal se creou ao comenzo do proxecto para a promoción e intercambio de experiencias, para a consulta de material e para un maior coñecemento dos recursos e as redes de igualdade a todos os niveis.
Pola súa banda o presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, destacou hoxe “a importancia deste tipo de campañas e a difusión de mensaxes de igualdade entre os estudantes e xente nova, xa que a igualdade e o respecto aos demais son valores que se deben inculcar dende ben temprano para que cheguen a interiorizarse do mellor xeito e o antes posible”.











