A Mancomunidade de Ordes acorda o mantemento do servizo de atención temperá
Na mañá de hoxe tivo lugar o pleno ordinario da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha sesión na que se acordou a solicitude de diversas subvencións destinadas á implantación ou á continuidade de servizos e proxectos nos concellos que conforman dita institución. Así, solicitaranse á Deputación da Coruña, de cara ao vindeiro exercicio 2014, á cantidade de 121.800 euros para continuar co financiamento dos servicios sociais cumunitarios básicos dos concellos de Frades, Oroso e Ordes. Neste día tamén se aprobou o mantemento do programa de atención temperá para nenos e nenas de ata 6 anos. Un servizo do que se benefician actualmente arredor de 100 usuarios con necesidades transitorias ou permanentes con dificultades de desenvolvemento. A través del préstase apoio e realízanse intervencións dende un enfoque biopsicosocial, traballando en distintos aspectos do desenvolvemento cognitivo, afectivo ou da linguaxe, entre outros. Uns obxetivos que se acadan grazas a labor pretada por unha traballadora social, unha logopeda e unha psicóloga.
Outro dos puntos que se tratou na xuntanza de hoxe foi a realización de distintas actividades para o desenvolvemento de políticas de igualdade entre homes e mulleres, así como de loita contra a violencia de xénero. En sintonía con esta temática aprobouse tamén o manifesto contra a violencia de xénero, cuxa xornada reinvindicativa se celebrará o vindeiro luns. Un texto no que se destacan “as 696 mulleres asasinadas na última década, das cales 33 eran galegas. Tamén se incide na problemática social que isto supón e que aínda a día de hoxe non é totalmente comprendida por toda a cidadanía, polo que se require a implicación de todas as institucións”.
Dentro do apartado de subvencións tamén se vai demandar axudas de cara á continuidade da Gala do Deporte, que cada ano se celebra nun concello da zona, así como coa mostra de obradoiros culturais. Con este tipo de solicitudes tamén se persegue manter o servicio de dinamización de lingua galega, activo ata o pasado mes de outubro. Por último deuse ao visto bo para solicitar a segunda fase de sinalización para os municipios da comarca, tanto no eido urbano como rural.











