A limpeza no barrio dos Duráns complétase ata chegar á zona de Marxión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A campaña intensiva de limpeza de rúas na zona da Escardia e os Duráns chega ao venres a súa terceira e última xornada para completar o operativo nas rúas que quedan ata chegar ata Marxión. Como os días anteriores, os estacionamentos nas rúas afectadas deberán quedar libres o xoves pola noite para que a maquinaria de lavado de rúas e contedores poda comezar a operar sen obstáculos dende ás 7 da mañá.

O venres, deberán quedar libres entre as 7 e as 10 da mañá os estacionamentos da Praza Xoán XXIII, Rúa Os Duráns e Aquilino Iglesias ata as respectivas confluenzas con Xoán XXIII e Eduardo Pondal; Pablo Iglesias e López Ballesteros. Dende ás 10 da mañá e ata as 13 horas as labores de limpeza trasladaranse ata Marxión e Juan Carlos I dende Ravella ata a gasolinera de San Roque.

Os traballos no afectarán á circulación, xa que se permitirá o paso do tráfico durante as labores de limpeza. Prégase a máxima colaboración cidadá á hora de retirar os vehículos dos estacionamentos que volverán a abrirse a medida que vaian quedando limpas as rúas.

A campaña intensiva de limpeza de rúas urbanas continuará nas vindeiras semanas por outras zonas e barrios de Vilagarcía segundo o plan de traballo que se irá anunciando con antelación. Participan neste operativo traballadores municipais e de Cespa.

13 de novembro de 2013 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.