A limpeza de rúas en Vilagarcía afectará nos próximos días a parte de Juan Carlos I, Moreira Casal e varias zoas dos Duráns
A segunda xornada da campaña intensiva de limpeza de rúas do casco urbano continúa o xoves por parte de Juan Carlos I, Moreira Casal e varias rúas dos Duráns. Como aconteceu na xornada previa, os estacionamentos das rúas afectadas deberán quedar libres a noite do mércores para que as labores de limpeza poidan comezar sen problemas á primeira hora da madrugada.
As rúas nas que se traballará o xoves son bastantes, polo que o planing organizouse en dúas etapas. Dende as 7 e ata as 10 da mañá, limparanse as rúas Moreira Casal, Santa Lucía, Juan Carlos I (entre o Ramal e Ravella) e a Rúa Leiras. Entre as 10 e as 13 horas, os traballos proseguirán polas rúas Ramón López Piñeiro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesias e Rúa Duráns coa confluencia Juan Carlos I.
Os vehículos poderán circular con normalidade por estas rúas mentres se desenvolven as labores de limpeza. E os estacionamentos poderán volver a ocuparse tan pronto como remate o lavado das vías.
Na campaña intensiva de limpeza viaria traballa persoal municipal e de Cespa, ademais de desatascar tragantes, varrer e baldear beirarrúas e calzadas e de cortar herbas onde as haia, tamén se procederá á limpeza dos contedores do lixo. Posteriormente, onde sexa preciso, repintarase a sinalización horizontal.











