A limpeza de camiños intensificouse en setembro e outubro chegando a boa parte do rural e zonas da periferia
Boa parte da labor realizada polo persoal dos servizos de Medio Ambiente, Obras e Xardíns centrouse nos meses de setembro e outubro na limpeza de camiños do rural e das zonas periferias aos núcleos urbanos. Os traballos realizáronse con máis axilidade que outros anos debido ao uso do novo tractor desbrozador permite avanzar moito máis rápido nas cunetas. Cea, Bamio, Trabanca Sardiñeira, Guillán, Cornazo, A Torre, As Carolinas ou Vilaboa, son só algunhas das zonas polas que xa se fixo a primeira ronda de acondicionamento mecanizado.
Os servizos de Xardíns, Medio Ambiente e Obras turnan o uso do tractor nos seus respectivos plans de traballo, segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Jesús Longa. O vehículo permite limpar con rapidez aquelas zonas libres de obstáculos onde a maleza medra á beira das cunetas dos camiños. A operación complétase cos retoques manuais que realizan os operacións manexando desbrozadoras de man nas zonas complicadas, esquinas ou ángulos de beirarrúas.
O Servizo de Medio Ambiente foi o que estreou o tractor no mes de setembro, dende entón e ata finais de outubro, o persoal deste departamento traballou con con el un total de 14 xornadas. Tres delas en Guillán, limpando o campo da festa, a explanación dun aparcamento e os arredores do parque infantil e o pavillón. Dous días traballaron no Salgueiral (Bamio) na rúa dos Lombos e no Pedroso, ata o límite coa parroquia catoirense de Abalo. Tamén pasou o tractor pola Rúa da Cova, en Cea e continuou por ese camiño ata o polígono de Trabanca Badiña, traballos que duraron dous días; os mesmos que se dedicaron a desbrozar a contorna da estación de autobuses, seguindo cara A Torre, a subida de Berdón e as rúas Progreso e Amizade.
O resto das xornadas dos operarios de Medio Ambiente distribuíronse entre a subida a Cornazo ata o campo de fútbol do Coruxo; as rúas que van dende As Carolinas a Marxión, a subida de Xiabre ata o Punto Limpo, o vertedoiro de clausurado de Xiabre e a rúa Bárbara en Cornazo de Arriba.
O departamento de Obras tamén utilizou o tractor, completando en diferentes turnos os traballos de Medio Ambiente e acudindo a outras zonas do rural e da periferia. Segundo o informe de actuacións, actuaron nas rúas Os Lombos e Pedroso, en Bamio, na Rúa Vista do Mar que une Bamio con Trabanca Sardiñeira; tamén en Trabanca na Rúa Cova e na súa contorna; en Cea na Rúa O Foxo, Aldea de Arriba e Rúa a Piñousa e en Vilaboa na rúa Veiga de Abaixo.
Por último os operarios do servizo de Parques e Xardíns levaron a cabo tarefas de desbroce en Cea, acceso ao cemiterio de Carril, camiño do Salgueiral (Bamio) e Trabanca Sardiñeira.











