publicidade hoxe

A IX mostra de teatro de Malpica achega a obra “Curriculum Vitae” e “Facer o Sueco”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMalpica de Bergantiños
A-
A+

Mañá venres día 29 de novembro continua a IX Mostra de Teatro de Malpica coa obra “Curriculum vitae” da compañía Redrum Teatro. Baixo a dirección de Alex Sampayo, Mónica García e Guillermo Carbajo protagonizan esta divertida comedia que foi galardonada con premio María Casares ao mellor texto orixinal e á Mellor Música.

SINOPSE “Curriculum Vitae”:

“Curriculum Vitae”, unha comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiredes, a través da invisible cuarta parede dunha oficina, a esas “curiosas” escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo. Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso… vanse sucedendo nas cinco pezas que compoñen a obra para mostrar a crúa realidade do mundo laboral. Iso si, todo contado dende o humor, que é a mellor maneira de ver as cousas serias.

FACER O SUECO, o 30 de novembro

Por outra banda, o sábado 30 de novembro o teatro amateur chegá á  IX Mostra de Teatro de Malpica co espectáculo “Facer o suecodo Grupo de Teatro Badius.

SINOPSE:

Tomé está nun apuro: o seu xefe sueco do IKEA vén á Coruña devolverlle unha visita. Como é de orixe esquimó, en Suecia cedeulle a súa muller, pero Tomé non está disposto a facer o mesmo. Entón, xunto co seu amigo Casio, un home moi calculador, recorre a unha solución que vai ocasionar unha gran lea.

28 de novembro de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.