A intervención quirurgica de urxencia a Óscar Pereiro impide que poida correr co seu compañeiro Luis Penido en Navacerrada
Unha indisposición de última hora do ex-ciclista e gañador do Tour de Francia Óscar Pereiro impediu que xunto co seu compañeiro de equipo Luis Penido, poidan tomar parte no Rallye de Navacerrada, última proba do Nacional de asfalto.
Pereiro foi intervido cirurxicamente de urxencia tras pasar unha revisión médica e detectárselle un problema físico. Tras a operación, sen maior relevancia para a súa saúde, o diagnóstico obriga repouso durante un par de días, o que imposibilitaba a súa presenza no Rallye que organiza o RACE na Comunidade de Madrid.
Mala sorte para os dous pilotos galegos, que co seu Mini Makarthy, asinaron no Rallye de Córdoba unha segunda posición na súa categoría e unha décima na clasificación xeral.











