A información da campaña de limpeza de rúas intensificarase para evitar demoras por vehículos estacionados
A campaña intensiva de limpeza de rúas do casco urbano iniciada esta semana contou cun único problema no seu desenvolvemento: a presencia de vehículos estacionados en varias das zonas nas que estaba previsto actuar. Esta situación impediu desenvolveo o plan de traballo como estaba previsto, demorando as labores de limpeza, xa que os operarios e as máquinas tiveron que pasar dúas veces polo mesmo sitio para rematar os traballos unha vez que quedaban baleiros os estacionamentos. O concelleiro de Servizos, Jesús Longa, prega a máxima colaboración por parte dos veciños e anuncia que se incrementarán as medidas informativas de cara aos traballos previstos para a vindeira semana.
Longa valorou en dous sentidos os resultados das primeiras xornadas da campaña intensiva de limpeza de rúas do casco urbano. O lago positivo foi que o plan de traballo establecido cunha avanzadilla de operarios municipais traballando dous días sobre o terreo para deixar paso á maquinaria de Cespa nas tres últimas xornadas da mañá resulta eficaz e os resultados son perfectamente visibles. A imaxe das zonas nas que se actúa mellora notablemente.
A nota negativa foi a presenza de vehículos estacionados en varias das zonas nas que estaba previsto limpar. O concelleiro indicou que esta circunstancia puido producirse por escasa colaboración da cidadanía ou porque a información e avisos realizados a través da colocación de valas e folletos informativos, a través dos medios de comunicación e da web municipal non fora suficiente. Para mellorar este último aspecto, o concelleiro explicou que de cara á segunda fase da campaña que se realizará a próxima semana, incrementaranse e tratarase de mellorar o aspecto informativo concentrando a colocación dos folletos en parabrisas e portais xornada anterior á limpeza e só na zona na que se traballará ao día seguinte. Deste xeito preténdese evitar calquera tipo de confusión.
Neste mesmo contexto, Longa volveu a insistir en que é precisa a total colaboración por parte dos veciños na retirada dos vehículos para que non volvan a repetirse situacións como as vividas esta semana na zona da Estación e noutras rúas, onde o número de vehículos estacionados era tan elevado que o uso da grúa non era viable por razóns de tempo. A consecuencia disto foi a demora dos traballos de limpeza, xa que estas deixáronse a medias e houbo que volver a pasar ao día seguinte.
Ademais de restar eficacia ao plan de traballo establecido, esta situación impide retén máis tempo do necesario ao persoal municipal e de Cespa, que poderían dedicar ese tempo á realización doutras funcións.
O concelleiro de Servizos confía en que a segunda fase da campaña se desenvolva sen incidentes, apelando á colaboración dos veciños para conseguir entre todos mellorar a limpeza de Vilagarcía, un asunto que preocupa tanto a veciños como a goberno.











